Buscas un sitio para comer na túa excursión a Vigo?
Cando organizamos unha viaxe ou unha excursión é importante reservar todos os hoteis e restaurantes que vaiamos visitar. Ta-Pra somos o restaurante ideal onde comer se visitas Vigo porque, ademais de contar cunhas amplas instalacións, terás unha boa zona de aparcamento para, por exemplo, os autobuses, unha zona axardinada na que gozar do bo tempo, menú do día e posibilidade de pedir de carta...
Somos un restaurante perfecto para albergar excursións de grandes grupos tanto de maiores como de nenos. Isto é así porque as nosas instalacións teñen fácil acceso para persoas con mobilidade reducida e dispoñemos de diferentes actividades e xogos infantís para entreter aos nenos e nenas.
Se buscas restaurantes en Vigo para grandes grupos... somos a túa solución! Reserva xa a túa mesa e o teu menú con nós, estamos seguros de que che sorprenderemos.